Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1132
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura; Metalistería
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Anónimo
Título Anxo custodio con varios santos
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón claro [Madeira de bidueiro ou tileiro]
Marco: Metal Dourado
Elementos sustentados: Témpera [Cores: verde, branco, azul, vermello e marrón]
Técnica Pintura á témpera
Marco: Repuxado
Recortado
Cicelado
Dourado
Dimensiones Icona: Profundidade = 3 cm; Altura = 31,50 cm; Anchura = 28 cm
Descripción Icona coa representación do anxo custodio no centro.
No lado esquerdo aparecen os mártires san Samonas e san Gurias de Edesa, ambos os dous con nimbo, mentres que no lado dereito represéntase a san Abibo de Edesa e a santa Anisia de Tesalónica. Na parte superior central aparecen outras dúas iconas da Virxe. A da dereita é a Virxe Entenrecedora dos Corazóns Malvados, tamén coñecida como a da Profecía de Simón, e a da esquerda unha Virxe da Tenrura. Toda a icona presenta un marco metálico dourado e decorado con motivos vexetais.
Iconografia Anxo da Garda; Santa Anisia de Tesalónica; San Samona de Edesa, o Mártir; San Guria de Edesa, o Mártir; San Abibo de Edesa; Virxe da Tenrura (Eloúsa); Virxe Entenrecedora dos Corazóns Malvados
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, sobre as cabezas dos santos, Pintado a man alzada
(1850[ca])
(San Samonas, San Gurias, San Abibo, Santa Anisia) [Cor vermella]
Datación 1850[ca] (Mediados do s. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Europa Central e Oriental (Europa)
Uso/función Devocional
Lugar de Procedencia Europa Central e Oriental
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta, posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas domésticas. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.).
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; López Domínguez, Tamara
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6